EconomíaEconomíaÚltima hora

A VI Festa do Botelo do Barco na Coruña celebrarase o 16 de febreiro

Esta edición celebrarase no Restaurante Árbore da Veira (Monte de San Pedro)
Asistentes á pasada edición da festa, brindando cun Valdeorras.

Co eco da XIX Festa do Botelo aínda resoando por cada recuncho do Barco de Valdeorras, a VI edición da cita gastronómica na Coruña vai xa collendo forma.

Organizada polo Concello para continuar coa difusión do produto estrela do inverno valdeorrés, a data elixida este ano é o 16 de febreiro e o lugar, o Restaurante Árbore da Veira no Monte de San Pedro. Comezará ás 14 horas e no menú, coma sempre, destacará o botelo con cachelos, chourizos e verdura, acompañado por viños da DO Valdeorras.

 

Cartel da festa gastronómica.

Artigos relacionados

Back to top button