OurenseÚltima hora

A Vía da Prata a través de fotografías 3D, no Centro Cultural Marcos Valcárcel

Este proxecto divulgativo do Xacobeo 21 estará en Ourense ata o 8 de decembro

Francisco González, Aurelio Gómez Villar e Rosendo Fernández.

 

Imaxes do patrimonio, da paisaxes e de peregrinos que percorren a Vía da Prata a través de fotografías en tres dimensións, con pezas espectaculares e de gran formato, realizadas coa técnica estereográfica. É o que propón a mostra “De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D. Vía da Prata”, unha exposición que pode verse ata o 8 de decembro no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

O Plan Director e o Plan Estratéxico do Camiño de Santiago en Galicia 2015-2021 contempla a potenciación de todas as rutas de peregrinación a Santiago de Compostela, centrándose no ano 2019 no interese e na promoción da Xunta de Galicia na Vía da Prata ou “Camiño Mozárabe”.

Andalucía é o punto de partida deste Camiño a Santiago que atravesa a Península Ibérica de sur a norte, percorrendo tamén Estremadura e parte de Castela e León, antes de entrar en Galicia por A Mezquita. En terras galegas este Camiño de Peregrinación é o trazado xacobeo de maior percorrido, atravesando tres das súas catro provincias. O peregrino contempla nesta ruta un valioso patrimonio natural, etnográfico e histórico, ao seu paso pola provincia de Ourense, a comarca do Deza e a canle do río Ulla, espazos plenos de atractivo e que contribúen a unha experiencia xacobea excepcional.

Artigos relacionados

Back to top button