CulturaCulturaÚltima hora

A vianesa Andrea García, autora do cartel do Entroido 2019 de Viana do Bolo

A obra leva por título “Polo río Bibei dous bombos baixaban” e representa a chegada do Entroido a través do encoro que rodea a vila

“Polo río Bibei dous bombos baixaban” é o título do cartel ganador do concurso convocado para anunciar o Entroido de Viana do Bolo 2019. Elixido polo xurado entre 8 propostas, o premiado é obra da moza vianesa (estudante de Arquitectura) Andrea García Vicente e representa a chegada do Entroido a través do encoro que rodea a vila de Viana. Nel aparecen representados elementos propios da tradición entroideira como son os bombos, os boteiros, os lardeiros, aixadas, a música do folión ou a fariña.

A presentación do cartel tiña lugar na mañá do 16 de xaneiro no Concello de Viana contando coa presenza da propia autora, do alcalde Secundino Fernández Fernández e a concelleira de cultura Graciela Diéguez Rodríguez. Tal como explicou o alcalde, o xurado estivo formado por un representante do Folión de Santa Mariña e dous entendidos en arte, Lois Ortiz e Cristina Yáñez.

Fotos Carlos G. Hervella e cedidas.

 

Cartel de Entroido 2019 de Viana do Bolo.

Artigos relacionados

Back to top button