En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A viaxe de Valdeorras a Ourense pola N-120, unha carreira de obstáculos

Á mala situación do firme, aos baches e á liña continúa que impide adiantar, súmanse agora ás obras

Son multitude os desprazamentos por estrada que se fan a diario entre Valdeorras e a cidade de Ourense seguindo a N-120. En moitos casos de vehículos pesados. Son pouco máis de cen quilómetros, pero que supoñen hora e media de tempo nunha estrada cun firme en malas condicións, baches, con longos tramos nos que  é case imposible realizar adiantamentos, ao existir liña continúa…

E dende hai unhas semanas, os condutores atópanse con obras á altura de Nogueira de Ramuín, debido a desprendementos. As intervencións, para evitar máis derrumbes, fan que un dos lados da estrada estea cortado e que haxa un semáforo que regule a circulación en ambos sentidos. Unha situación que alonga e complica, aínda máis a comunicación diaria entre unha das comarcas con máis peso económico da provincia e a súa capital.

 

Artigos relacionados

Back to top button