CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A “Viaxe no tempo” do CEIP Bermúdez Couso de Trives, esta noite na TVG2

O documental que amosa a aventura dun grupo de nenos na Galicia dos anos 50 emitirase a partir das 23:25h.

 

Unha viaxe no tempo, o documental que amosa a aventura dun grupo de nenos de Trives na Galicia dos anos 50, chega esta noite á Televisión de Galicia.

O proxecto audiovisual, creado en 2020, recolle unha iniciativa educativa do CEIP Manuel Bermúdez Couso protagonizada por 10 alumnos que viviron durante cinco días nunha aldea galega cos costumes de mediados do século XX. Unha aventura coa que os rapaces puideron descubrir, de primeira man, como era a vida dos seus avós, e coa que aprenderon a importancia de preservar a nosa tradición cultural.

O documental amosa a experiencia que viviron estes rapaces e reproduce as condicións do día a día dos nosos maiores: sen calefacción e sen auga corrente, sen móbiles e sen televisión, con xoguetes artesanais e escribindo no encerado co lapis de lousa. A cambio, os rapaces aprenderon a deixar de lado os reloxos e a tecnoloxía e por uns días, apartar o estrés e a escoitar o silencio.

A estrea será ás 23:25 horas, na TVG2.

Máis información sobre o proxecto educativo no seguinte enlace: https://osil.info/unha-viaxe-no-tempo-no-ceip-manuel-bermudez-couso-da-p-de-trives/

Artigos relacionados

Back to top button