DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A vibrante XXXII Milla Urbana do Barco, en imaxes

O Paseo do Malecón do Barco convertíase na tarde do 16 de setembro nun circuíto de atletismo ao aire libre no centro da vila. Unha edición máis, e van xa 32, acollía a Milla Urbana do Barco, unha competición atlética de referencia no calendario galego e nacional na que se daban cita centos de corredores de moi diversas categorías: dende nenos de menos de 3 anos ata persoas que rozaban os 80 anos.

De novo o multitudinario público que seguía as diferentes probas dende as seis da tarde ata as carreiras absolutas (ás oito) xeraba un ambiente moi especial, algo que destacaban todos os competidores. Ademais esta edición deixaba un magnífico sabor de boca no Barco xa que, por vez primeira nestes 32 anos, un atleta valdeorrés sube ao podio na categoría absoluta masculina. É mérito de Alejo Ares (Adas Proinor) co seu terceiro posto nesta edición.

Á diferenza do que sucecía coa categoría feminina, na que Eva Arias conta con seis vitorias na Milla barquense, na absoluta masculina nunca antes un valdeorrés lograra quedar entre os tres primeiros clasificados.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/alejo-ares-logra-o-primeiro-podio-valdeorres-da-milla-do-barco-en-32-anos/

Artigos relacionados

Back to top button