CulturaCultura

A videoconferencia con Díez de Velasco pecha o ciclo sobre termalismo na Biblioteca de Verín

Dende Canarias e por videoconferencia, o profesor Francisco Díez de Velasco pechaba na tarde do 16 de marzo o ciclo de conferencias sobre termalismo clebrado neste mes de marzo na Biblioteca Municipal de Verín.

Presentado por Miguel Losada, secretario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), Díez de Velasco, Catedrático da Universidade de La Laguna, falou sobre os “Cultos termais hispanos: A Galicia antiga”, facendo unha revisión da diversidade relixiosa e o cambio relixioso que se produxeron na Península Ibérica, cunha especial referencia á zona galaica, co impacto romano tomando os cultos termais como guía. Un percorrido polo “fenómeno da tendencia á abstracción relixiosa dende os cultos concretos coma o proceso partindo das divinidades indíxenas, ata as plenamente romanas”.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button