DeportesÚltima hora

A VII concentración mototurística A Curuxa, entre Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel, celebrarase no 2021

Estaba prevista para os días 28, 29 e 30 de agosto deste ano pero a organización decidía aprazala pola situación sanitaria

 

Se hai menos dun mes anunciabamos a cancelación da concentración de motos organizada polos Esquíos de Trives, hoxe facémolo da que se ía celebrar a finais de agosto entre Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel: a Concentración Mototurística A Curuxa.

Debido á actual situación sanitaria provocada polo Covid-19 e á incertidume sobre as medidas de seguridade que teremos que tomar no futuro inmediato en eventos multitudinarios como este, o Moto Club A Curuxa decidía “aprazar a sétima edición á cuartoa fin de semana de agosto do 2021”.

 

 

Tal como explican dende a organización, retrasaron a decisión “agardando unha mellora, e valoramos varias posibilidades para adaptar o formato da concentración, pero para nós non é viable coa situación actual unha organización con tempo, efectividade e máis garantías”.

Con todo, aseguran que non quedarán parados, aproveitando este descanso para “compartir momentos entre socios/as, viaxes de forma menos masificada e novos proxectos na nosa zona”.

Artigos relacionados

Back to top button