ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A VII Guerra das Fontes inaugura a fin de semana da Festa das Covas de Vilamartín de Valdeorras

Esta actividade comezaba ás 17:30 horas na Praza José Luis Núñez

A sétima edición da Guerra das Fontes daba comezo ás actividades programadas para a fin de semana da XXIII Festa das Covas de Vilamartín de Valdeorras. Así, a actividade comezaba ás 17:30 horas na Praza José Luis Núñez e a auga, os inchables e a diversión eran os compoñentes desta calorosa tarde de 2 de agosto. Arredor dunha trintena de cativos e non tan cativos desfrutaban desta “guerra” onde o obxectivo era acabar enchoupado.

Ademais, algúns dos compoñentes da Asociación de Coveiros xa están a preparar os 100 kg de panceta para “A Pequena”, a festa para os coveiros, que terá lugar a partires das 20:30 horas.

Texto: Alba Prada

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button