En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A “VII Noite Branca” anima o comercio barquense

 

Guirnaldas, globos e outros adornos brancos engalanaban e identificaban na tarde e noite deste venres 19 de xuño aos 26 comercios do Barco participantes na sétima edición da “Noite Branca”: zapaterías, tendas de roupa, de produtos de estética, de decoración, mercerías, ópticas, librerías, etc.

A partir das 20h. numerosas persoas percorrían a rúas da vila visitando estas tendas que prolongaban o seu horario ata as 23h. ofrecendo interesantes descontos e tamén vales para consumicións gratuítas (en compras superiores a 25 euros) nos establecementos de hostalaría participantes na campaña.

 

 

“O que queremos é darlle un pouco de ambiente ao comercio e tamén de ánimo á xente. Acompáñanos o tempo, que é bastante importante”, destacaba a presidenta do Centro Comercial Aberto O Barco.

Ademais destacaba que a participación de establecementos deste ano é bastante parecida a doutras edicións, os comercios “tiñan ganas de desenvolver unha campaña coma esta e vimos que a xente estase animando a saír, que había bastante ambiente, tamén se ofrecen descontos, entréganse vales para compras superiores a 25 euros, hai sorteos… E iso en conxunto anima”, concluía Moldes, que percorría os locais da campaña xunto a vicepresidenta, Ángeles R. Pérez.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Alba Prada/ Ángeles Rodríguez.

Máis información e fotos:
https://osil.info/desfrutando-da-noite-branca-na-hostalaria-do-barco/

 

Artigos relacionados

Back to top button