DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A VIII Andaina Popular do Nadal da Rúa estivo marcada pola chuvia e a solidariedade

A participación viuse menguada polo mal tempo sendo preto de 40 os andarines

 

A chuvia e un lixeiro vento, restos da borrasca Fabien que atravesou a comarca de Valdeorras nesta fin de semana, foi unha das protagonistas da VIII edición da Carreira e Andaina Popular do Nadal 1 kg solidario que se celebraba na mañá do 22 de decembro na Rúa.

O mal tempo fixo minguar a participación na andaina, a primeira das probas, sendo 35 os andarines que en torno ás once da mañá comezaban o percorrido duns 5 quilómetros (acurtado pola organización precisamente pola chuvia).

O que non diminuíu, senón que máis ben aumentou foi a colaboración con máis de 200 quilos de comida non perecedoira, recollida durante a entrega de dorsais na Cantina da Estación de Autobuses, aberta para a ocasión. De feito, dende a organización aseguran que foi moita a xente que levou comida sen participar en ningunha das dúas probas.

 

Protección Civil e Policía Local da Rúa na Carreira e Andaina Popular do Nadal. /Foto cedida.

 

Esta edición da carreira e andaina foi máis solidaria e reivindicativa que nunca xa que na liña de saída os participantes levaban unha pancarta contra a violencia machista.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/alberto-asensio-adas-imponse-na-carreira-do-nadal-da-rua/

Fotos: Carlos G. Hervella excepto as cinco últimas que son cedidas por Protección Civil da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button