DeportesÚltima hora

A VIII edición do Rallye “Ourense-Lugo Ribeira Sacra” contará con preto de 145 participantes

Esta proba automobilística, que por primeira vez pasará por Sober (Lugo), disputarase os días 20 e 21 de setembro

Presentación da oitava edición do Rallye Ourense – Lugo Ribeira Sacra.

 

Por primeira vez o Rallye “Ourense-Ribeira Sacra” pasará por Lugo. Así, a VIII edición desta proba automobilística que se celebrará os días 20 e 21 de setembro, reunirá a 143 participantes que percorrerán os preto de 400 quilómetros do circuíto por ambas provincias.

A carreria discorrerá polos municipios de Ourense, Nogueira de Ramuín e Sober, o que supón unha novidade nesta proba. O percorrido deste ano é de 367 quilómetros, dos cales 98 quilómetros corresponden a dez treitos cronometrados por estradas asfaltadas que estarán pechadas ao tráfico. A proba estará dividida en dúas etapas e en catro seccións. O parque pechado, o parque de traballo e a dirección de carreira estarán situados en Luintra.

En canto ao desenvolvemento da proba, mañá, venres 20 de setembro, será o treito Castro de Beiro cun percorrido de 5,12 quilómetros, a partir das 19h. Ao día seguinte, será a quenda para os treitos San Miguel – Luintra (10 quilómetros), Canabal – Sober (9,66 quilómetros), Almorfe – Luíntra (11,45 quilómetros).

A presentación deste evento deportivo tiña lugar na rúa Cruz Vermella da capital ourensá, nun acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Nogueira de Ramuín, César Parente; o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Mario Guede; o presidente da Escudaría Luíntra, Roberto Soto; e o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral; acompañados polo patrocinador oficial da proba e equipos locais participantes no rallye.

Artigos relacionados

Back to top button