A VIII Festa do Churrasco do Motoclub Os Esquíos de Trives celebrarase este sábado

A xuntanza gastronómica terá lugar en Santa Leonor e estará amenizada por Malditos Pendejos

Motos na concentración Os Esquíos 2018. /Foto: Carlos G. Hervella.

Un ano máis a Concentración Mototurística Os Esquíos vai quentando motores coa organización da VIII Festa do Churrasco prevista para o vindeiro sábado 13 de abril na Pobra de Trives.

A xuntaza gastronómica comezará a partir das 21h. no baixo do Centro Cívico Santa Leonor, e as entradas (15 euros) poden mercarse ata o 10 de abril, no Sky, O Cafeto e Boliche.

Durante a cea sorteranse 200 euros e contarase coa actuación de Malditos Pendejos.

 

Cartel da VIII Festa do Churrasco en Trives.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies