ConcellosÚltima hora

A “VIII Guerras das Fontes” de Vilamartín será virtual

Imaxe da “Guerra das Fontes” do 2019 en Vilamartín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

As novas tecnoloxías farán posible celebrar a “VIII Guerra das Fontes” de Vilamartín. Non poderá ser presencial, pero si virtual, dándolle deste xeito continuidade a esta singular celebración que acostumaba facerse na véspera da Festas das Covas de Vilamartín, segundo informa a Asociación de Coveiros de Vilamartín.

“De forma virtual, cada un na sua casa ou na súa piscina ou no seu río favorito ou praia.
Esteas en Vilamartín ou en Cancún, desfruta VIII Guerra das Fontes. Comparte a túa molladura nas redes”, aseguran dende a organización, que confía en que no 2021 “a IX edición podamos facela todos xunto”.

As fotos poderán publicarse en Facebook a través do #Guerradasfontes e en instagram Festa das Covas.

Artigos relacionados

Back to top button