DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A “VIII Ruta Jabalíes” de BTT, con saída dende A Rúa, será o 7 de xullo

Incluirá tres modalidades: ruta longa, ruta curta e andaina. O punto de partida será o Aguillón
Participantes na anterior edición da ruta dos jabalíes./ Foto: Mónica G. Bellver.

O Club Ciclista Jabalíes Rúa, coa colaboración do Concello da Rúa, ultima os preparativos da “VIII Ruta Jabalíes. Memorial Rosiña”, que se celebrará o vindeiro 7 de xullo con saída ás 9h. dende O Aguillón. Incluirá tres modalidades deportivas: unha BTT ruta longa de 55 km, unha BTT ruta curta de 30 km e unha andaina de 17 km.

O custe das inscricións de BTT será de 25 euros, mentres que a incrición da andaina terá un prezo de 20 euros.  En ambos casos os participantes poderán anotarse en www.galitiming.com. Os dorsais poderán recollerse o día da proba de 7:45h. a 8:45h.

Ademais haberá clase de spinning na zona de saída de 10:30h. a 11:30h.

 

Artigos relacionados

Back to top button