ConcellosGalerías de fotosManzanedaÚltima hora

A vila de Manzaneda desfruta da súa primeira feira tras o confinamento

Situábase no lugar de sempre, cun total de 11 postos (2 de pulpeiras) e cumprindo con todas as medidas de seguridade

 

Despois de tres, os postos e os pulpeiros volvían á vila de Manzaneda. Nesta xornada de 22 de xuño esta localidade recuperaba a súa tradicional feira, despois de tres meses sen celebrarse debido á crise co Covid-19.

A feira mantiña a súa ubicación habitual, na zona coñecida popularmente como praza “da farmacia” e contaba, nesta ocasión, con 9 postos de diversos produtos agroalimentarios (entre eles froita ou embutidos), pero tamén os había de roupa e mesmo de instrumentos de cociña, entre outros. Había ademais dúas pulpeiras.

 

O alcalde de Manzaneda, no centro, xunto a voluntarios de Protección Civil.

 

Dende primeira hora da mañá Protección Civil de Manzaneda encargábase de organizar a distribución dos postos respectando as distancias establecidas polas autoridades sanitarias para garantir a seguridade, tal e como destaca o alcalde deste municipio, Amable Fernández. Ademais durante a feira, velaban para que se respectasen as normas de seguridade e hixiene en todo momento, unha delas era que os visitantes da feira levasen mascarilla.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button