DeportesÚltima hora

A vilamartinesa Eva Arias, campioa absoluta no Cross de Vidreres (Xirona)

 

A valdeorresa Eva Arias Aira (Sociedade Ximnástica de Pontevedra) continúa sumando bos resultados. O último lográbao neste domingo 12 de decembro, no que tomaba a saída na 32ª edición do Cross de Vidreres, en Xirona.

Esta atleta, natural de San Miguel de Outeiro (Vilamartín), facíase co título absoluto feminino da competición, cun tempo de 15,47. “Persoalmente as sensacións en carreira foron boas, notándose no resultado a semana de descanso “laboral que tiven”, explica.

Ademais Eva Arias agradécelle ao “Consell Esportiu A Selva que me convidara a unha das carreiras que forman parte o Circuit Gironí de Cros“.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button