A vilamartinesa Eva Arias, número tres na candidatura do PSOE en Ávila

Esta atleta, que agora compite coa Sociedade Ximnástica de Pontevedra, reside nesta cidade de Castela e León

A atleta Eva Arias, competindo a pasada fin de semana en Pontevedra./ Foto cedida.

A atleta Eva Arias, orixinaria de San Miguel de Outeiro (Vilamartín), volverá presentarse nunha candidatura nas vindeiras eleccións municipais baixo as siglas do partido socialista, pero desta volta será en Ávila, cidade na que reside. Así a valdeorresa ocupa o número tres na lista coa que esta formación política se presentará ás vindeiras eleccións municipais do 26 de maio e que encabeza Yolanda Vázquez.

“Ofrecéronme esta oportunidade e a verdade é que teño que recoñecer que me enche moito traballar para a cidadanía e díxenlles que si”, comenta a atleta que a pasada fin de semana competía en Galicia na primeira xornada da liga da Primeira División, vencendo na proba de 3.000 metros obstáculos feminina.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies