DeportesÚltima hora

A vilamartinesa Eva Arias, subcampioa galega en 1.500 m e mínima para o nacional

Acudía a Campionato de Galicia absoluto celebrado en Expourense o 23 de febreiro

Eva Arias (á esquerda), no podio do campionato galego absoluto de pista cuberta./ Foto cedida.

Destacada actuación da vilamartinesa Eva Arias Aira (Sociedade Ximnástica de Pontevedra) no campionato galego absoluto de atletismo de pista cuberta que se desenvolvía o 23 de febreiro en Expourense.

A valdeorresa tomaba a saída na proba de 1.500 metros na que lograba facerse coa prata completando a carreira cun tempo de 4:37.85. Tan só era superada por Leticia Fernández (Valencia Sports) con 4:34.54.

Ademais esta atleta de San Miguel de Outeiro conseguía mínima para acudir ao Campionato de España absoluto de pista cuberta que terá lugar na vindeira fin de semana tamén en Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button