DeportesÚltima hora

A vilamartinesa Eva Arias vence no 1.500 na Copa Galega de Clubs de pista cuberta

Competía coa Sociedade Ximnástica de Pontevedra, equipo feminino que se facía co ouro nesta cita deportiva en Ourense

Eva Arias, primeira pola esquerda, con compañeiras do seu club, a Ximnástica de Pontevedra, no podio./ Foto cedida por Eva Arias.

 

Entre os atletas que participaban na xornada do 11 de xaneiro na Copa Galega de Clubs absoluta en pista cuberta, celebrada en Expourense, estaba a vilamartinesa Eva Arias, que compite coa Sociedade Ximnástica de Pontevedra.

Arias facíase coa vitoria na proba de 1.500 metros, cunha marca de 4:48.26. Ademais participaba na primeira posta do relevo (4v 3v 2v 1v) de 800 m, ode era a primeira en entregar, pero nesta proba a Ximnástica de Pontevedra situábase en terceira posición.

“O cómputo final de probas deulle o maior número de puntos ao noso equipo, o cal nos permitiu gañar esta competición”, resalta a vilamartinesa. Así a Sociedade Ximnástica de Pontevedra facíase co ouro cun total de 80 puntos.

 

Podio feminino absoluto da Copa Galega de Clubs en pista cuberta./ Foto: FGA.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close