DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A vilamartinesa Eva Arias vence nos 3.000 m obstáculos no campionato galego de clubs

Nesta competición o seu equipo, a Sociedade Ximnástica de Pontevedra, lograba a terceira posición por clubs con 121 puntos

Cun moi bo resultado saldaba Eva Arias Aira, natural San Miguel de Outeiro (Vilamartín de Valdeorras), a súa participación no XXXI Campionato de Galicia de Clubs feminino de atletismo, celebrado o 27 de abril en Ferrol.

Esta atleta, que viste as cores da Sociedade Ximnástida de Pontevedra, vencía na proba dos 3.000 m obstáculos cunha marca de 11:05.15. Nesta mesma competición Iria Fernández Fontenla (Club Adas do Barco) era cuarta cunha marca de 12:04.39

Ademais, por clubs a Sociedade Ximnástica de Pontevedra quedaba terceiro na clasificación con 121 puntos, mentres que o Adas era quinto con 92 puntos.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button