A GudiñaA RúaConcellosÚltima hora

A vindeira semana comezarán as tarefas de limpeza na OU-533 (A Rúa-A Gudiña)

Continuarase, ademais, cos labores iniciados na OU-636, nos municipios da Pobra de Trives e de Larouco, segundo informa a Xunta

 

A Xunta ten previsto iniciar a vindeira semana os traballos de roza e limpeza na estrada ourensá OU-533, que comunica os concellos da Rúa e A Gudiña. Ademais, continuará coas tarefas que están en marcha noutras vías da provincia de Ourense, así como nas de Pontevedra e da Coruña.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, vén realizando nos últimos meses este acondicionamento nas franxas de dominio público de vías da Xunta para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

No marco destas intervencións, seguirán as actuacións na provincia de Ourense, cos traballos iniciados a pasada semana na estrada OU-636 na Pobra de Trives e en Larouco.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button