DeportesPescaÚltima hora

A vindeira tempada de pesca traerá novas medidas de xestión fluvial no tramo internacional do Río Miño

Busca protexer e conservar os peixes migradores

A tempada de pesca para o ano 2021 comezará con novas normas de xestión dos recursos no Tramo Internacional do Río Miño (TIRM). Así, as novas normas adoptadas de cara ao vindeiro ano van destinadas a protexer as especies fluviais de interese preferente; en concreto, establécense vedas para o uso de redes de trasmallo, butrón e cabeceira, cañas e liñas, reducindo o período hábil de pesca.

 

Pescador. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tamén se definen por primeira vez cupos e tamaños no exercicio da pesca recreativa para o salmón (1 exemplar), reo e troita (8 exemplares), sábalo (1 exemplar) e saboga (5 exemplares) por pescador e día. No caso de pesca en embarcación duplícanse os cupos, excepto no caso do salmón, que se mantén sen cambios. Tamén se unifica a talla mínima para a pesca do reo e da troita en 25 centímetros.

A proposta foi elaborada no marco do proxecto de cooperación transfronteirizo POCTEP Migramiño, liderado pola Xunta desde 2017, financiado con fondos europeos e que ten como obxectivo a protección e conservación dos peixes migradores nesta conca.

Artigos relacionados

Back to top button
Close