SanidadeÚltima hora

A violencia de obstétrica como violencia de xénero e dende un enfoque legal, nunha charla no Barco

Esta sesión, organizada pola Asociación De Nai a Nai, estaba impartida pola avogada vianesa Ana María García

 

Do concepto xenérico de violencia, “que canto máis cercana é, máis nos afecta”, partía Ana María García Fernández, avogada vianesa especializada de Femlegal, na charla “A violencia obstétrica como violencia de xénero”, que impartía na tarde do 23 de outubro no multiusos do Barco.

Despois ía acotando o termo ata chegar a centrarse na denominada violencia obstétrica que definía como “toda conducta, acción ou omisión, realizada por persoal de saúde que, de maneira directa ou indirecta, tanto no ámbito público como privado, afecte ao corpo e aos procesos reprodutivos das mulleres, expresada nun trato deshumanizado, un abuso de medicalización e patoloxización dos procesos naturais” e que consideraba “produto dunha sociedade patriarcal”.

A ponente diferenciaba claramente este termo doutros como violencia de xénero ou como violencia doméstica. Matizaba que a violencia obstétrica é a exercida polo persoal sanitario durante o embarazo, no parto ou no postparto e que implica un “trato deshumanizado ás mulleres”, así como “o exceso de medicalización”.

Ana María García, que tamén é voluntaria da Asociación De Nai a Nai, facía despois un repaso pola lexislación sobre este tipo de violencia, indicando que os primeiros países que comezaron a lexislar sobre ela foron Arxentina e Venezuela, centrándose despois na normativa española relacionada con esta cuestión.

Esta charla era a segunda parte do obradoiro sobre violencia obstétrica que a Asociación De Nai a Nai organizaba no Barco, tras a conferencia a cargo de María Aurora Rodríguez, matrona do paritorio do Hospital do Bierzo, o pasado 25 de setembro.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button