ConcellosPetínÚltima horaVídeos

A Virxe das Dores volve percorrer Petín na procesión da Soidade

 

Con rigurosa puntualidade, ás dez da noite do Venres Santo, tralos numeroso devotos que tralo parón de dous anos pola situación sanitaria se congregaban a carón da igrexa parroquial, a imaxe da Virxe das Dores saía nun paso empurrado por catro mulleres para percorrer as empedradas rúas de Petín.

 

A Virxe das Dores na procesión da Soidade en Petín.

 

O profundo silencio no que se desenvolve é unha das características da procesión da Soidade, tamén chamada do Silencio e dos Caracois, un dos actos centrais da Semana Santa nesta localidade valdeorresa. De cando en vez, a comitiva fai un alto no camiño para escoitar o Miserere nas voces dun grupo de homes, outra das peculiaridades desta procesión.

 

Os caracois acesos iluminan o paso da Virxe.

 

A terceira e especialmente significativa característica é a peculiar iluminacion dunha das casas polas que pasa a comitiva, con conchas de caracois acesos na honra á Virxe, unha tradición que se mantén viva e ano tras ano atrae a atención dos asistentes.

 

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button