CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A viúva de Jesús Díaz Ferrer visita unha selección da obra deste pintor barquense no IES Lauro Olmo

 

A viúva do pintor barquense Jesús Díaz Ferrer, Micheline Langlois, visitaba na mañá deste venres unha mostra adicada a este creador no IES Lauro Olmo do Barco, no marco do centenario do seu nacemento. A exposición reúne unha escolma da obra plástica deste artista que o IES Lauro Olmo ofrece á comunidade educativa desde a súa biblioteca.

Nesta visita, Micheline Langlois estivo acompañada polo alumnado deste instituto barquense, con quen compartía comentarios e análises e análises artísticas dos cadros expostos. Estas obras foron cedidos para a ocasión pola colección de Nito Martínez. Ademais confesaba que foi emocionante escoitar aos mozos do Barco valorar a obra do seu home.

Fotos: IES Lauro Olmo do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button