DeportesÚltima hora

A Volta a Valdeorras MTB aprázase ata o 2021

Estaba prevista para a fin de semana do 10 e 11 de outubro pero a evolución da pandemia obriga a suspender a proba cicloturista

Unha das paraxes polas que se ía celebrar a Volta a Valdeorras MTB.

 

Agardaron ata o último momento, mantendo a data pero os positivos por coronavirus non deixan de subir no Barco de Valdeorras así que “trala evolución dos acontecementos e informacións dos últimos días e asumindo a responsabilidade ante a clara recomendación tanto de autoridades locais como sanitarias de non realizar o evento, vémonos na obriga de aprazar a Godello Bike Race-Volta a Valdeorras MTB ata nova data en 2021”, explican dende a organización a través dun comunicado publicado nas redes sociais.

Aseguran que traballaron no desenvolvemento de protocolos Covid que estaban listos para ser aplicados; que analizaron os detalles que lles permitirían desenvolver a proba con todas as garantías; e recibiron o apoio tanto da Federación Galega de Ciclismo como dos colaboradores e marcas asociadas e por todo iso “estabamos confiados na celebración do evento, pero “lamentablemente, nas últimas horas, e como é coñecido por todos, a situación cambiou, empeorando notablemente as previsións e deixando la realización de calquera actividade baixo a responsabilidade exclusiva do organizador, sen garantía algunha sobre a evolución favorable en próximas datas que podería chegar, finalmente, a unha prohibición explícita por parte de autoridades locais”, din “con enorme desilusión por ter que renunciar ao noso obxectivo, pero asumindo o noso papel na sociedade e tentando minimizar calquera impacto ou repercusión negativa en veciños, colaboradores, marcas ou organismos que nos apoian”.

Máis información: Godello Bike Rice

 

Artigos relacionados

Back to top button