Publicidade
En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Volta, en terras trivesas

Cun certo adianto sobre o horario previsto pasaba a caravana e o pelotón da Volta 18 por terras trivesas. Nesta galería de imaxes poden verse o operativo de Protección Civil en Cambela (O Bolo) e como se vivía o tránsito da carreira ciclista na chamada “curva do espello”.

Nesta etapa da Volta, que é a máis longa desta edición con 151 km dentro da provincia de Ourense, colaboraban co plan de seguridade establecido pola organización as agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Manzaneda, así como as da Mezquita, A Gudiña, Verín, Vilardevós, O Rios, Viana do Bolo, A Veiga, O Bolo, Petín, A Pobra de Trives, San Xoán de Rio, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, A Rúa, Parada do Sil, Xinzo de Limia, Maceda, Baños de Molgas, Allariz, Carballiño, Carballeda de Avia e Nogueira de Ramuín, así como o GES de A Gudiña e Castro Caldelas. En total aportan algo mais de 130 efectivos.

Fotos: Protección Civil de Manzaneda, agás ás 11 últimas que son do Concello da Pobra de Trives.
Máis fotos:
https://www.osil.info/valdeorras-vive-a-volta-18-ao-seu-paso-por-larouco/

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close