EconomíaEconomíaÚltima hora

A X Ruta de Pinchos “O Barco vai de viños” continuará ata o 19 de xaneiro

Nela participan 23 establecementos de hostalaría desta vila

Con ata 24 propostas culinarias diferentes preséntase a décima edición da Ruta de Pinchos “O Barco vai de viños”, que se poñía en marcha o 9 de xaneiro e que continuará ata o vindeiro domingo 19.

Nela participan 23 establecementos de hostalaría da vila estruturados en tres rutas diferentes, que levan o nome doutras tantas variedades de uva: mencía (con oito locais), godello (8) e dona branca (7). Os petiscos teñen un prezo de 1,70 euros cada un.

Nesta galería de fotos pode verse un dos dous “pinchos estrela” do Xanadú (na zona godello): as faceiras en redución de viño mencía, cogomelos e boliñas de pataca. Despois, seguindo esta orde, o capricho de tenreira galega do Excalibur, o bocadillo de botelo con crema de repolo do Veira Sil e o follado de vieira e espárragos verdes do Bajo 5, os tres na zona dona branca.

Ademais, a última imaxe da galería corresponde ao “pincho estrela” do Lisboa (zona mencía): cinta de lombo ao mel con pasas.

Fotos: Beltrán Alonso/ Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close