Galerías de fotosÚltima hora

A xeada viste de branco o centro do Barco

A vila amencía con algunhas das rúas do centro conxeladas e en medio da néboa

Cunha intensa xeada e cuberto pola néboa espertaba o 2 de xaneiro O Barco. Ata tal punto que vendo os tellados e mesmo algunhas das zonas céntricas da vila, como a praza do Príncipe ou a do Concello, máis parecía unha nevada que unha xeada. Nestes lugares foi necesario esparcir sal para impedir accidentes dos transeúntes.

Ata media mañá non comezaba a desaparecer a néboa e despois saía o sol. De novo nesta noites espéranse temperaturas moi baixas e de seguro, un amencer branco nas rúas da vila.

Fotos: as dúas primeiras cedidas e o resto de Carlos G. Hervella.

 

A praza do Príncipe do Barco a primeira hora desta mañá de 2 de xaneiro./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button