OurenseÚltima hora

A xerente de Galicia Calidade reúnese con empresas ourensás que contan con este selo

 

Neste venres a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, comezaba a rolda de visitas e reunións con empresas certificadas polo selo de garantía. Tras o seu recente nomeamento, visitaba esta mañá a empresa de xeados La Central Heladera en Ourense, onde coñeceu de primeira man a forma de elaboración e as instalacións da empresa. Así mesmo, tamén mantivo unha reunión con representantes dos establecementos hosteleiros Restaurante El Coto, Restaurante A Carballeira, Bar Tamarindo e Restaurante A Taberna, que contan co selo de garantía.

A xerente de Galicia Calidade aproveitou as xuntanzas para explicar as liñas de actuación de Galicia Calidade para este ano e para recoller as opinións, suxestións e achegas das compañías. A estas xuntanzas súmase a que mantivo a semana pasada nas oficinas da sociedade pública coa adega Terras de Asorei. Nos vindeiros días continuará coa rolda de reunións e visitas para coñecer a opinión do maior número de empresas que contan con produtos e servizos amparados.

 

 

150 empresas certificadas

Galicia Calidade conta na actualidade con máis de 600 produtos e servizos certificados de 150 empresas, que engloban os sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico, e planta ornamental.

Artigos relacionados

Back to top button