ConcellosÚltima hora

A xestión da auga e as infraestruturas locais

Santiago acollía unha xornada formativa que terá continudade con catro novas accións en diversas cidades galegas, entre elas Ourense
Apertura do curso de xestión das infraestruturas municipais de saneamento e depuración, organizado por Augas de Galicia.
Apertura do curso de xestión das infraestruturas municipais de saneamento e depuración, organizado por Augas de Galicia.

O programa do curso de xestión das infraestruturas municipais de saneamento e depuración abríase na mañá do 10 de novembro en Santiago nun acto no que participaban o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), o alcalde barquense Alfredo García, e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, entre outras autoridades.

Un dos momentos do acto inaugural da xornada.
Un dos momentos do acto inaugural da xornada.

Esta actividade formativa está enmarcada precisamente no chamado Pacto da auga, ratificado hai dous anos pola Consellería de Medio Ambiente, Augas de Galicia e Fegamp. A sinatura deste protocolo de coordinación supuxo, segundo Mato, “un punto de partida pioneiro e imprescindible para o traballo coordinado entre administracións”.

Entre os obxectivos do plan destacan o traballo a prol dunha homoxeneización nos servizos de abastecemento; a máxima calidade na prestación do servizos; e o cumprimento das directivas europeas. Ao respecto deste último punto, a conselleira recordou que en 2014, por exemplo, acadouse un grao de cumprimento do 92% no que se refire á directiva de augas residuais.

Ademais da xornada do 10 de novembro, están previstas outras catro xornadas formativas máis: en Lugo o 17 de novembro; na Coruña o 24; en Ourense o 26; e en Pontevedra, o 1 de decembro.

Artigos relacionados

Back to top button