DeportesÚltima hora

A XI andaina nocturna Os Mouchos celebrarase o 27 de xullo, no Barco

A ruta é duns 12 km e a saída está prevista para as 23 horas na praza do Concello
Participantes na anterior edición da andaina nocturna./ Foto: Mónica G. Bellver.

Pechando o mes, o venres 27 de xullo, os afeccionados ao sendeirismo terán unha nova cita no Barco de Valdeorras. Para esa noite esta programada a XI andaina nocturna Os Mouchos organizada polo Club Peña Trevinca Barco en colaboración co Concello.

A partir das 22h. os participantes comezarán a concentrarse na porta do edificio multiusos do Concello para confirmar a participación. A saída está prevista para as 23h. e a partir de aí os camiñantes afrontarán un percorrido duns 12 km durante a cal haberá avituallamento.

A inscrición, gratuíta pero obrigatoria, poderá realizarse ata o xoves 26 de xullo cubrindo o formulario que aparece na páxina web do club (www.clubtrevincabarco.org) ou nas tendas habilitadas (Tri-Sport, Bicis Chapi, Mapfre San Mauro e Décimas).

Tal como explican dende a organización, cada participante deberá levar chaleco reflectante e a súa lanterna, e os menores de 16 anos deberán ir acompañados por un adulto.

Artigos relacionados

Back to top button