DeportesÚltima hora

A XI Carreira dos Santiños, o 4 de novembro no Barco

A proba de adultos partirá ás 12h. dende o estadio de Calabagueiros
Saída da pasada edición da Carreira dos Santiños no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

As rúas do Barco convertiranse o vindeiro domingo 4 de novembro en escenario da XI Carreira Popular dos Santiños. Esta proba de atletismo, cun circuíto urbano e completamente chairo, contará cunha carreira de maiores de 7.000 m que partirá ás 12h dende as pistas de Calabagueiros, onde tamén se situará a meta.

As persoas interesadas poderán realizar a súa inscrición a través da web https://www.carreirasgalegas.com. Estará organizada polo Club Adas en colaboración co Concello do Barco e coa Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo, entre outras entidades.

Esta carreira terá ademais un carácter solidario e será a beneficio da Cruz Vermella.

 

Cartel desta carreira.

Artigos relacionados

Back to top button