A XI Cea Popular de Fontei (A Rúa) reúne a máis de 200 persoas

Este era un dos actos das Festas de San Antón neste barrio rues, que se veñen desenvolvendo con diferentes actos relixiosos e musicais dende o 13 de xuño

Despois de tres días con cultos relixiosos e música de diferentes estilos, na noite do sábado 15 de xuño chegaba un dos principais referentes do programa das Festas de San Antón de Padua en Fontei (A Rúa).

Nunha carpa instalada no adro da igrexa de Fontei desenvolvíase a partires das 22h. a XI Cea Popular, elaborada e servida por Mantesil. A súa entrada tiña un prezo de 15 euros e nela participaban máis de 200 persoas, que degustaban un menú a base de empanada de carne e atún, costela de porco con patacas e ensalada. Estes pratos ían acompañados de viño, auga e gaseosa. E, como sobremesa, había bica, café e licores.

Os actos festivos continuarán neste domingo coa actuación da orquestra La Dimensión ás 14h. na sesión vermú e tamén no baile da tarde e noite. Ademais ás 20h. actuará a orquestra de baile e música tradicional ruesa de Abertal.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies