EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A XI xuntanza popular de Vilela (A Rúa) reúne a 180 persoas en plenas Festas do Carme

O día grande será o luns, 16 de xullo, con procesión e misa ás 12:30h. e baile de tarde co trío Armonia Musical

A localidade de Vilela (A Rúa) está en festas. Da man da asociación de veciños, dende onte 13 de xullo e ata o luns día 16, veciños e visitantes desfrutarán dun completo programa na honra á Virxe do Carme.

A verbena a cargo da disco móbil A Gramola, abría os festexos na madrugada do venres, pero era na tarde do sábado cando tiña lugar a XI xuntanza popular que reunía a 180 persoas en torno a unha “gran pulpada” na Aira. Pasadas as 20:30h. comezaban a servirse as primeira racións de polbo á feira con cachelos, ademais de pan, viño, bica e licores a esgalla. E mentres o grupo Nievla poñía son á noite amenizando tamén a sesión verbena.

A festa continúa mañá, con misa solemne ás 13:15h. e baile a cargo do Trío Nostalgias en sesión de tarde e verbena. Pero será o luns 16 de xullo o día grande do programa, con pasarrúas pola mañá a cargo do grupo de gaitas Alecrín, procesión e misa solemne ás 12:30h. e baile de tarde a cargo do trío Armonía Musical.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button