DeportesÚltima hora

A XII andaina nocturna “Os Mouchos” do Barco terá lugar o 19 de xullo

A saída será ás 23:00 horas dende a Praza do Concello

A XII andaina nocturna “Os Mouchos” terá lugar o vindeiro sábado 19 de xullo. Así, a saída será as 23:00 horas do edificio de usos múltiples do Concello de O Barco. O percorrido será de 10km e durante o camiño, a organización dotará aos participantes de líquido.

 

Durante a pasada edición.

 

A inscrición é gratuíta e poderá facerse ata mañá, xoves 17 de xullo, no formulario da web do Club Peña Trevinca Barco (https://clubtrevincabarco.org), ou na oficina de Mapfre San Mauro (de 18:00 a 20:00 horas).

Por último, cada un dos participantes deberá levar un chaleco ou peto reflectante e unha lanterna. Ademais, os menores de 16 anos deberán ir acompañados dun maior de idade ao seu cargo.

Texto: Alba Prada

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button