DeportesÚltima hora

A XII Carreira de Montaña Canón do Sil levará aos corredores polo corazón da Ribeira Sacra

A proba deportiva desenvolverase o 21 de outubro no concello de Parada de Sil
O presidente do C. M. Ribeira Sacra, a alcaldesa de Parada de Sil, o vicepresidente da Deputación e o concelleiro de Deportes de Parada de Sil, na presentación da carreira.

Deporte, natureza e turismo daranse a man o vindeiro 21 de outubro na XII edición da carreira de Montaña Canón do Sil que trasladará aos participantes ao corazón da Ribeira Sacra.

Tal como explicou na presentación o presidente do C. M. Ribeira Sacra de Parada de Sil, Xosé Antón Vázquez, trátase do Campionato de España de Clubs e no marco desta xornada deportiva desenvolveranse tres carreiras: a XII carreira por montaña cun percorrido de 33 quilómetros, unha carreira media cunha distancia de 17 quilómetros, e outra carreira mini para cadetes de 7 quilómetros. “Trátase da proba decana de Galicia, unha proba dura e de moito prestixio a nivel nacional, de feito xa está xente inscrita de Madrid, Canarias, Baleares, Málaga, Valencia, Euskadi, entre outros lugares”, sinalou o presidente do C. M. Ribeira Sacra de Parada de Sil, quen asegurou que esperan chegar “aos 300 deportistas na carreira longa”.

A proba comezará ás 9 horas desde a praza do Curtiñeiro e os interesados en participar poden inscribirse a través da páxina www.championchipnorte.com.

 

Artigos relacionados

Back to top button