EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A XII Xuntanza Popular, protagonista da fin de semana de festas en Vilela (A Rúa)

Unhas 150 persoas asistían á cea organizada pola asociación de veciños

Con certo retraso sobre a hora prevista e trala treboada que deixou pedra sobre os campos do val, comezaba na praza da Aira, en Vilela, a XII edición da Xuntanza Popular das festas do Carme, patroa desta localidade do municipio da Rúa.

A xornada, especialmente a tarde e a noite, do venres 13 de xuño, foi especialmente activa con numerosas citas turísticas, festivas e sobre todo gastronómicas espalladas por todo o oriente ourensán (Concentración Mototurística Os Esquíos en Trives, Festa Coveira en Arcos, Feira do Viño de Valdeorras,…) pero así e todo, foron unhas 150 as persoas que se achegaron ata Vilela para desfrutar da cea a base de polbo á feira con cachelos, bica, licores, pan e viño a esgalla. E trala comida, a noite continuaba coa verbena a cargo da orquestra Chastton Show.

O peograma hoxe, domingo, con festa e verbena a cargo do grupo Beladona, quedando para o martes día 16, os actos na honra á patroa de Vilela. A xornada comezará co pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Alecrín e ás 12:30h. terá lugar a procesión e misa solemne. O broche ás festas na honra á Virxe do Carme poráo a sesión vermú a cargo do grupo de gaitas.

Fotos. O SIL

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close