DeportesÚltima hora

A XIV Carreira da Feira do Viño de Quiroga homenaxea ao valdeorrés Manuel García

Este evento comezará ás 16:15h. coas probas das categorías base e ás 17h. darase a saída á carreira absoluta
Cartel da proba quiroguesa.

O atletismo será, un ano máis, o limiar da Feira do Viño de Quiroga. Esta vila lucense celebrará o Venres Santo unha proba de atletismo para todas as idades e con 13 categorías: dende pitufos ata veteranos. O programa da XIV Carreira Popular de Quiroga encetarase na tarde do 30 de marzo coas categorías base. As carreiras de menores darán comezo a partires das 16:15h. no centro da vila. Primeiro sairán os pitufos (cunha distancia de 100 m.), despois os prebenxamíns (500 m), alevíns (1.000 m), infantís e cadetes (2.000 m).

A saída da proba absoluta, cun percorrido de 9.000 m, está prevista para as 17h. Nela participarán atletas das categorías xuvenil, sénior e veteranos (A, B, C masculinas e A e B femininas). Nesta ocasión, esta popular, que organiza o Concello de Quiroga a través da súa Área de Deportes, renderalle unha homenaxe ao veterano corredor valdeorrés Manuel García Alfonso, do Club Adas.

Despois das probas, en torno ás 18:30h. procederase á entrega de trofeos e medallas diante do Concello. “Ademais todos os participantes recibirán unha camiseta e os primeiros clasificados serán obsquiados cunha botella de viño por cortesía de Bodegas Mondelo”, tal e como figura no regulamento da competición.

Artigos relacionados

Back to top button