EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A XIV Feira do Viño de Monterrei supera todas as previsións

A mostra clausurabábase na noite do 11 de agosto cun incremento tanto no número de degustacións como no de visitantes
Asistentes á XIV Feira do Viño de Monterrei en Verín./ Foto: CRDO Monterrei.

Unha edición máis, a Feira do Viño de Monterrei que se celebraba na fin de semana do 9 ao 11 de agosto, superaba tods as previsións e expectativas. Así a súa 14ª edición clausurábase na noite do 11 de agosto cun “incremento tanto do número de degustacións, como de visitantes. Nesta ocasión superáronse as 28.000 degustacións vendidas nos tres días de feria, o que supón un 12% máis que na edición do 2018.

“Atopámonos ante unha cita vitivinícola consolidada que, ano a ano, aumenta o número de visitantes, venda de tíckets-degustación e de botellas de viño”, asegura a presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Lara Da Silva. “Ademais, nesta ocasión, puidemos comprobar como unha gran parte destes visitantes son mozos, algo que é moi gratificante porque o mesmo espazo é compartido por proxenitores e fillos, todos interesados, única e exclusivamente, na cultura do viño”.

Durante as tres xornadas da feira o apartado gastronómico, así como as actividades musicais paralelas supuxeron un complemento clave a esta celebración vitivinícola, na que participaban 16 adegas da D.O.

A presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva, agradecía ás adegas participantes a súa implicación, así como ás entidades colaboradoras, “xa que grazas a todos, podemos impulsar a realización dun evento que é o que máis asistentes congrega no municipio, despois do Entroido, o que nos consagra como o motor económico da comarca”.

Artigos relacionados

Back to top button