EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

A XIX Festa da Freba reúne a máis de 500 persoas en Petín

A cita gastronómica celebrábase na noite do 7 de decembro

Non ten rival. Un ano máis, e a piques de celebrar o XX aniversario, a Festa da Freba de Petín converteuse nunha da citas gastronómicas de referencia na comarca de Valdeorras.

Máis de 500 persoas reuníanse na noite do 7 de decembro na carpa instalada a carón da Casa da Cultura par dar conta dun exquisito e contundente menú. De primeiro consomé, de seguido chourizo cocido e como prato estrela, a esperada e exquisita freba, recén asada na grella.

En total empregáronse uns 500 kg de carne magra de porco e mil chourizos (de Industrias Cárnicas Murias), ademais de viño e postre (panadería Querol), pan e licores.

Despois da animada cea, servida por medio cento de voluntarios (encargados tamén da elaboración da comida), os asistentes, entre os que destacaron mozos e mozas e diferentes partes da comarca (de Petín, A Rúa, O Barco, Vilamartín, Larouco,…) algúns incluso da costa, puderon seguir a festa ao ritmo da discoteca Stuu que este ano cambiana a unicación na mesma carpa, e tamén polos bares de Petín.

Moita festa e unha gran comida, nunha noite moi animada.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button