DeportesÚltima hora

A xogadora do Ribeira Sacra, Carolina Camino, chamada pola Permanente da RFEVB

A xove quiroguesa pasará os próximos anos en Soria formándose como xogadora coas mellores de España da súa idade
Carolina Camino no Castelo do Bolo, co pobo de Lentellais, onde se criou, ao fondo.

Levaba tempo sospeitándose e xa é oficial:  Carolina Camino Fernández, xogadora quiroguesa pertencente ao CV Ribeira Sacra, foi chamada pola Concentración Permanente da Real Federación Española de Voleibol con sede en Soria, onde pasará os próximos anos formándose como xogadora coas mellores de España da súa idade.

De feito, xa se atopa alí adestrando coa Selección Española Sub17, da que espera formar parte para disputar do 14 ao 19 o Campionato Weza en Holanda contra equipos como Italia, Francia, Portugal, Bélxica, Suiza ou Alemania, ademais do propio país organizador.

Carolina xa viña formando parte das distintas seleccións galegas de pista e praia, “sendo un elemendo básico para os exitos do equipo do Ribeira Sacra como foi a súa recente clasificación no 8º posto do Campionato de España Cadete”, explica o seu adestrador Manolo López, asegurando que “as súas capacidades, altura, alcance, potencia de salto e pegada, foron determinantes para que o seleccionador nacional de voleibol, Pascual Saurín dera o visto bo para que formara parte deste grupo privelexiado do voleibol español”.

Aínda que estará lonxe de casa, esta é sen dúbida unha gran oportunidade para Carolina e dende o club, do que seguirá formando parte para xogar as fases finais do campionato galego e de España si se conquire clasificar, deséxanlle moita sorte “e o mellor para esta promesa do voleibol español”.

 

Artigos relacionados

Back to top button