DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A xornada barquense da Copa Deputación reúne a uns 70 atletas galegos

 

Marcada por estritas medidas de seguridade, xa dende o acceso ás pistas de Calabagueiros, desenvolvíase na tarde deste 3 de outubro no Barco a segunda xornada do calendario da XXXVII Copa Deputación de Ourense de atletismo de pista ao aire libre. Estaba organizada pola Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo e nela participaban uns 70 atletas chegados dende as catro provincias galegas. Ademais contábase cunha ampla representación do Club Adas do Barco.

O programa deportivo encetábase arredor das catro da tarde co lanzamento de disco, seguido do salto de lonxitude, das carreiras (80 ml, 300 ml), despois veu o lanzamento de xavelina e, finalmente, o salto de pértega.

Fotos: A.R., excepto as catro últimas que son cedidas.

 

Proba de salto de pértega./ Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button