DeportesÚltima hora

A xornada de supervisión e control infantil e cadete de voleibol volve a Quiroga o 30 de xaneiro

Concentración de voleibol celebrada no verán en Quiroga. /Foto cedida.

 

O domingo 30 de xaneiro será un día completo para os xogadores da base do volei galego, coas xornadas de tecnificación nas localidades de Quiroga e Bertamiráns organizadas pola Federación Galega de Voleibol.

A xornada de supervisión e control infantil e cadete, que volve a Quiroga (Lugo), estará limitada a 30 xogadoras por quenda (por orden de inscrición) debido á limitación de horarios e persoas na instalación (no caso da categoría infantil feminino xa está o aforo completo). Os horarios serán os seguintes, incluíndo comida na inscrición:

  • Infantil feminino: de 9 a 10:45 e de 14:15 a 16 horas.
  • Cadete feminino: de 10:45 a 12:30 e de 16 a 17:45 horas.
  • Infantil masculino e cadete masculino: de 12:30 a 14:15 e de 17:45 a 19:30 horas.

A xornada de desenvolvemento e formación será o mesmo domingo 30 de xaneiro en Bertamiráns (A Coruña).

 

Artigos relacionados

Back to top button