PolíticaÚltima hora

A xornada electoral en Rubiá

 

O municipio de Rubiá continúa a xornada electoral sen incidencias a falta de dúas horas para o peche dos colexios electorais. Un total de 1.612 persoas están chamadas ás urnas.

Segundo os últimos datos proporcionados pola Xunta, neste concello rexístrase unha participación dun 46,71%, fronte ao 44,40% do 2016, o que supón un 2,31% máis. Ademais, para garantir a seguridade, acudían aos colexios electorais efectivos de Protección Civil de Manzaneda.

Fotos: Alba Prada

Artigos relacionados

Back to top button