CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A xornada inaugural dos XIX Encontros Familia-Escola será o 3 de marzo no Barco

David Calle Padilla será o encargado da apertura ás 19:30h. no Teatro Lauro Olmo

O presidente de Vagalume, Pepe Fernández e a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, na presentación dos encontros.

 

“Outra educación é posible” é o lema da XIX edición dos Encontros Familia-Escola organizados por Vagalume que se desenvolverá entre os meses marzo e maio no Barco de Valdeorras. Unha edición que, segundo a organización, estará adicada “a todos aqueles nenos e nenas que por diversas razóns se atopan nesa alta porcentaxe de alumnado que non atende, que non desfruta da etapa escolar, pero que aínda así seguen sendo, ou deberían ser, persoas importantes para alguén; para os seus pais, para os seus mestres”. “Porque son eles tamén os que construirán o noso futuro”, asegura David Calle Parrilla, enxeñeiro de Telecomunicacións, e creador e director do proxecto UNICOOS (finalista do Global Teacher Prize 2017) que será o responsable da conferencia inaugural que terá lugar o 3 de marzo ás 19:30h. no Teatro Lauro Olmo.

Na apertura oficial dos encontros intervirán o alcalde do Barco, Alfredo García; a concelleira de Cultura, Margarida pizcueta; e o presidente de Vagalume, Pepe Fernández. A conferencia xirará en torno ao título “Resistid. Todos sen excepción construídes o noso futuro”.

A segunda conferencia, programada para o 24 de marzo, correrá a cargo de Miguel Luengo, responsable en España do movemento educativo Designe For Change. E xa no mes de abril, o día 15, Begoña Ibarrola regresará ao Barco para falar sobre educación e felicidade; e o día 28, Concepción Moure disertará sobre a “aplicación do Mindfulness na familia e na escola”.

Completarán os encontros deste ano as conferencias de José Antonio Fernández Bravo o 14 de maio, sobre “ensinar dende o cerebro do que aprende”; e Laura Rojas Marcos o día 26, sobre “a familia sana, a familia tóxica e outras formas de educar”.

Artigos relacionados

Back to top button