EconomíaEconomíaÚltima hora

A Xunta abre mañá o prazo para solicitar o Bono Concilia

A axuda permitirá ás familias pagar unha praza nunha escola infantil da súa elección

Vista dunha escola infantil.

 

A Xunta de Galicia abre mañá, martes 28 de xullo e ata o vindeiro 27 de agosto, o prazo para a solicitude do Bono Concilia. A axuda conta cunha prestación de entre 45 e 250 euros mensuais que permitirán ás familias pagar unha praza para os seus fillos nunha escola infantil da súa elección, naqueles casos nos que non obtivesen praza nun centro público. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde que regula a concesión das achegas, que teñen un investimento inicial de 1,7 millóns de euros ampliable en función das solicitudes que presenten.

Neste 2020, o Bono Concilia seguirá en vigor pero estará destinada aos primeiros fillos. Tamén, no caso de aqueles nenos que obteñan praza nunha escola pública a partir do 20 de outubro, as familias poderán escoller entre aceptar esa praza ou continuar co bono. Ademáis de todas as escolas infantís públicas e as de iniciativa social, xa se acolleron a esta medida máis de 150 escolas infantís privadas.

A solicitude deberá presentarse xunto coa documentación preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Tamén se poderán entregar físicamente de xeito presencial.

 

Artigos relacionados

Back to top button