ConcellosÚltima horaVilamartín

A Xunta achega á Fundación Valdegodos uns 4,7 millóns de euros para sufragar as 361 prazas públicas das súas residencias galegas

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, na visita a Valdegodos.

 

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitaba neste mércores a sede da Fundación Valdegodos, en Vilamartín de Valdeorras, onde se reunía con presidente desta entidade, Miguel Blanco. Acevedo puxo en valor “o esforzo e o labor indispensable que as residencias e os traballadores das mesmas levan a cabo na mellora da calidade de vida dos usuarios”.

O representante do departamento autonómico subliñou o compromiso que a Xunta de Galicia ten con esta entidade ao achegar máis de 4.700.000 euros para sufragar os gastos das 361 prazas públicas dos centros que xestiona esta organización na comunidade galega.

A Fundación Valdegodos ofrece unha atención integral para o usuario, que abranguen desde servizos médicos, como a intervención terapéutica, o desenvolvemento de programas para o fomento da mobilidade ou a aplicación de técnicas contra a dor, ata servizos de enfermaría, psicoloxía, seguimento nutricional e dietético, elaboración de traballos sociais e salón de peiteado, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button