SanidadeÚltima hora

A Xunta anuncia a chegada a Galicia de 700.000 mascarillas

A Consellería de Sanidade procederá a distribuír este material de protección con carácter prioritario a hospitais, centros de saúde e residencias sociosanitarias

 

Chega a Galicia o primeiro envío de máscaras cun total de 700.000 unidades adquiridas pola Xunta e procedentes de doazóns. Un total de 500.000 desas unidades foron adquiridas pola Administración autonómica e o resto proceden de doazóns, 100.000 de Inditex e outras 100.000 de Grupo Caamaño.

A partir da semana que comeza mañá, prevese que continúen recepcionándose os envíos dos restantes lotes adquiridos pola Xunta a distintos proveedores. O material foi entregado polo proveedor na plataforma loxística do Servizo Galego de Saúde, situado en Negreira, e dende alí será distribuído a toda a comunidade.

A Consellería de Sanidade asegura que procederá a distribuír “este material de protección con carácter prioritario a hospitais, centros de saúde e residencias sociosanitarias, tal e como especifican os protocolos elaborados coas recomendacións do persoal de medicina preventiva”.

Artigos relacionados

Back to top button